💧🎒 CENTROS EDUCATIVOS DE PONTEVEDRA, ATENCIÓN
A creatividade do voso alumnado pode ter premio… e futuro.
A Deputación de Pontevedra, coa colaboración coa entidade experta en xestión de augas do rural, Rodespi, lanza o concurso escolar do ano 2026: ✨ A Viaxe de Gotiña ✨💧
unha iniciativa para que o alumnado de infantil e primaria coñeza, valore e defenda a auga do rural e as traídas veciñais como ben comunitario esencial.
🎨📚 CATEGORÍAS E PREMIOS :
👶 Educación Infantil – Mural colaborativo
🥇 1º premio: Tableta de última xeración
🥈 2º premio: Xogos educativos Montessori
🥉 3º premio: Material escolar
🧒 Educación Primaria – Maqueta
🥇 1º premio: 25 bonos de visita ás Illas Cíes
🥈 2º premio: Tableta de última xeración
🥉 3º premio: Material escolar
📖 Educación Primaria – Cómic
🥇 1º premio: 25 bonos de visita ás Illas Cíes
🥈 2º premio: Tableta de última xeración
🥉 3º premio: Material escolar
👉 Premios destinados ao centro educativo, para uso e desfrute do alumnado.
➡Consulta as bases: https://www.depo.gal/es/-/concurso-escolar-a-viaxe-de-gotina
🗓️ Prazo de participación: ata o 31 de marzo de 2026
📩 Inscrición e envío de traballos:
concursoescolarauga@depo.gal
🌱 Un proxecto educativo que combina aprendizaxe, creatividade e sostibilidade real.
Porque entender a auga hoxe é coidar o mañá.
A viaxe de Gotiña polos colexios de Pontevedra 💧
Dende RODESPI, Solucións para o Rural, adentrándonos polos centros educativos da provincia de Pontevedra para que os máis pequenos/as aprendan de forma divertida e participativa sobre a xestión e o coidado das traídas de auga veciñais, entendéndoas como o que son:
👉 un ben comunitario fundamental para o presente e o futuro.
Porque educar en valores, sustentabilidade e responsabilidade desde a infancia é clave para garantir un rural vivo e consciente.
🔗 Máis información sobre o concurso escolar aquí:
https://www.depo.gal/es/-/concurso-escolar-a-viaxe-de-gotina
📣 Animamos a todos os centros educativos a participar neste concurso escolar e formar parte da viaxe de Gotiña. A auga é cousa de todos e todas. 💙
